ANUNCIO DO ACORDO DO PLENO DO CONCELLO

No  Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 113 de data 19 de maio de 2018 publicouse o seguinte anuncio do concello de Ribadavia o que se publica na páxina web do concello a efectos informativos:

Aprobado por acordo do Pleno do concello de Ribadavia de data 26 de abril de 2018 o inicio de expediente de investigación sobre posible camiño con referencia catastral 32070A012090000YW, polígono 12, parcela 9019 , a efectos de determinar a titularidade do mesmo, de acordo co disposto no artigo 49 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, procédese a publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia.

 Desde o día da data da devandita publicación, exporase, así mesmo, un exemplar do Anuncio do Boletín no Tabolerio de anuncios e na páxina web   do Concello de Ribadavia, durante quince días.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.

Compartir

Check Also

PROCESO DE SELECCIÓN DE DÚAS PRAZAS PARA O GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS (GES).

Consulte a plantilla de corrección do exame premendo na seguinte ligazón: PLANTILLA CORRECCION GES RIBADAVIA …