
O pleno do concello de Ribadavia en sesión de 25 de xuño de 2026 adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO.- Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia, o cambio de uso dotacional sanitario previsto no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadavia por uso dotacional asistencial para a parcela 0618346NG7801N0001QE.
SEGUNDO.- Publicar o presente acordo no BOP, no DOG e na páxina web municipal.
TERCEIRO.- Remitir o presente acordo á “Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas , xunto con dous exemplares dilixenciados da modificación
CUARTO.- Tramitar a inscrición da modificación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.
Concello de Ribadavia Concello de Ribadavia