O inicio do curso será a semana do 2 de outubro nos horarios correspondentes para cada grupo.
A preinscrición será do 15 ao 30 de xuño ou do 1 ao 15 de setembro. Para elo existirán folletos á vosa disposición na Casa da Cultura de Ribadavia ou na páxina web www.ribadavia.gal/aula-de-teatro. Unha vez cuberto o formulario hai que envialo por correo a au**********@ri*******.es, ou entregalo presencialmente na Casa da Cultura de Ribadavia.
Unha vez realizada a preinscrición recibiredes unha chamada de teléfono entre o 16 e o 25 de setembro para confirmarvos a praza e o grupo e horario exactos.
Estes serían os horarios das clases (a título orientativo e podendo sufrir alguna modificación):
Venres
- Primaria II 16.00-17.30 (4º, 5º e 6º de primaria)
- Primaria I 17.30-18.30 (de 2º a 3º/4º de primaria)
- Xuvenil 19.00-20.30
- Adultos 20.30-22.30
Mércores
- Infantil I 16.00-17.30 (1º e 2º de infantil)
- Infantil II 17.30-18.30 (3º de infantil e 4º de primaria)
Martes
(Horarios dispostos para abrir grupos se nalgún dos anteriores grupos se superara a ratio de alumnos e alumnas por clase)
16.00- 17.00
17.30- 18.30
- A formalización da matrícula terá lugar do 25 de setembro ao 15 de outubro. O formulario de matrícula estará á vosa disposición na Casa da Cultura. Durante este prazo os alumnos e alumnas poderán asistir ás clases.
CLICK AQUÍ PARA INSCRIBIRTE →
A matrícula e mensualidades inclúen de modo opcional prácticas escénicas semanais e obradoiros durante o curso.
Que son PRÁCTICAS ESCÉNICAS?
Un espazo destinado á posta en escena de textos e propostas que os alumnos e alumnas representan a final de curso nunha mostra.
Que son os MONOGRÁFICOS?
Son encontros intensivos que se realizan durante o ano con profesorado externo en torno a diferentes disciplinas.
Os horarios provisionais das clases e das prácticas escénicas están a disposición de quen o solicite.
Rematada a fase de preinscrición será confirmado aos e ás solicitantes o acceso ás ensinanzas e poderán formalizar a matrícula do curso entre o 25 de setembro e o 15 de outubro a través do formulario correspondente que estará dispoñible na Casa da Cultura de Ribadavia.
O inicio das clases será a primeira semana de outubro.
Tamén se realizan baixo petición:
– Titorías personalizadas.
– Preparación de probas de acceso á RESAD / ESAD.
Datos de contacto:
Dirección: Casa da Cultura de Ribadavia
Teléfonos: 988 471 900 / 649 026 325
Email: au**********@ri*******.es
Instagram: @aulamunicipaldeteatroribadavia