- As xornadas realizaranse os xoves 5 e 12 de setembro na casa da cultura en horario de 18:00 a 20:00 horas.
A asociación Solidaridade Interxeneracional e o Concello de Ribadavia organizan, de xeito conxunto, unhas xornadas sobre o envellecemento activo, onde o tema principal a tratar serán “as axudas técnicas e adaptación da vivenda”. Estas xornadas están dirixidas a toda a poboación, e en especial a familiares que realizan atención a persoas maiores e/ou dependentes.
As xornadas celebraranse os xoves 5 e 12 de setembro na Casa da Cultura de Ribadavia en horario de 18:00 a 20:00 horas, e os obxectivos das mesmas son:
– Coñecer dun xeito detallado as axudas técnicas e formas de adaptar unha vivenda para as persoas maiores e/ou dependentes.
– Promover a formación entre as persoas que se adican ó coidado de persoas maiores e/ou dependentes.
– Facilitar a permanencia das persoas maiores e dependentes no domicilio.
– Mellorar dos coidados nas actividades básicas de vida diaria.