NOTA INFORMATIVA DO CONSERVATORIO PROFESIONAL E ESCOLA DE MÚSICA
MUNICIPAL DE RIBADAVIA
Infórmase que durante todo o mes de maio estará aberto o prazo de preinscripción para o curso académico 2020- 21, para todas as persoas que desexen cursar estudos musicais no Conservatorio Profesional ou na Escola Municipal de Música de Ribadavia.
No caso dos nenos que desexen escomezar estudos Oficiais no Conservatorio Profesional, deberán ter en conta que, a idade mínima para acceder a estudos de grao elemental é de 8 anos segundo a L.O.E. (Lei Orgánica de Educación 2/2006) .
Na Escola Municipal de Música a idade mínima requerida para comezar será de 3 anos, onde podrán cursar a asignatura de Música e movemento, e dende os 7 anos en diante e sen límite de idade ,poderán optar por calqueira dos instrumentos que se ofertan no Centro ou calqueira das distintas materias complementarias.
Todolos nen@s que teñan 3 anos, e queiran asistir as clases de música e movemento, contarán ca MATRÍCULA GRATUITA ,sempre que estén empadroados no Concello Ribadavia.
Paras as persoas adultas que desexen iniciar os seus estudos musicais , contan con horarios adaptabeis as súas necesidades .
Especialidades que se imparten:
– Música e movemento (de 3 a 6 anos).
A partir de 7 anos en diante
Piano
Guitarra
Clarinete
Frauta
Saxofón
Percusión ( Batería, Marimba, Caixa,…)
Violín
Viola
Trompeta
Trombón
Trompa
Bombardino
-Tuba
– Formación complementaria o instrumento: Linguaxe musical, Orquestra, Banda, Informática musical, Coro, Hª da música, Harmonía, Conxunto Instrumental, Música de Cámara, Combos Instrumentais, Distintos tipos de música ( pop, rock, jazz, tradicional, clásica….)
Podes descargar o documento de inscrición aquí: Triptico 2021 – 2022 EDITABLE
PÓDESE RECOLLER E ENTREGAR O
BOLETÍN CUBERTO, na Secretaría do Centro, ou na Casa da Cultura de Ribadavia.(Redondela s/n. 32400).
*Ou ben DESCARGAR a través das seguintes direccións:
Facebook: Conservatorio Profesional e Escola Municipal de Música de Ribadavia.
Instagram: cmusprofesionalderibadavia
Web do Concello: ribadavia.es
Para aquelas persoas que non poidan facer a entrega nas dependencias do Centro, poderán:
* ENVÍAR CUBERTO ,a preinscripción a :
cm************************@ed*.es
Ou a través de Whatsapp ao número 618745794.
-O PRAZO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA ,PARA O CURSO 2021-2022 SERÁ DENDE O DÍA 14 ATA O 30 DE XUÑO.
******************************************* Para máis información: cm************************@ed*.es
Teléfono: 618745794 – 988 471900