2º Concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero

O Concello de Ribadavia convoca o 2º Concurso de Microrrelatos arredor do día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

As datas de envío e participación serán desde o 21 de outubro ata o do 19 de novembro de 2023 ambos inclusive.

O nome dos autores e/ou autoras dos relatos gañadores comunicarase o 25 de novembro de 2023 a través de internet na paxina do Concello e das suas redes sociais.

A entrega de premios levarase a cabo o día 2 de decembro de 2023 as 13:00 h no Salón de plenos do Concello de Ribadavia.

Pode consultar as bases íntegras na seguinte ligazón:

BASES 2º CONCURSO MICRORRELATOS

 

Compartir

Check Also

BASES E CONVOCATORIA DE UNHA PRAZA DE AUXILIAR – ADMINISTRATIVO DE INTERVENCIÓN DO CONCELLO DE RIBADAVIA

Publícanse as bases e a convocatoria da selección mediante o sistema de concurso-oposición, dun/dunha funcionario/a …