1º Concurso de microrrelatos CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Ribadavia convoca o 1º Concurso de Microrrelatos arredor do día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

 

O obxectivo deste concurso é visibilizar e sensibilizar a realidade desta lacra social, a violencia machista, entre todas as capas da poboación e contribuír deste xeito tamén contra a súa erradicación.

 

O concurso rexerase polas seguintes BASES:

 

1º: VIXENCIA

 

As datas de envío e participación serán desde o 20 de outubro ata o do 16 de novembro de 2020 ambos inclusive.

O nome dos autores e/ou autoras dos relatos gañadores comunicarase o 25 de novembro de 2020 a través de internet na paxina do Concello e das suas redes sociais.

 

A entrega de premios levarase a cabo o día 28 de novembro de 2020 as 13:00 h no Salón de plenos do Concello de Ribadavia.

 

 

2º: PARTICIPANTES. INSCRICIÓN E REXISTRO DE RELATOS

 

Haberá dúas categorías:

Unha para participantes ata 17 anos.

Outra para participantes de máis de 18 anos.

 

Inscrición e rexistro de relatos. As inscricións e o rexistro do relato realizaranse por correo electrónico en be******@ri*******.gal

 

Todas as persoas participantes deberán enviar un documento en PDF co seu relato e outro cos seus datos persoais: nome e apelidos, DNI e teléfono e título do relato.

 

No asunto do correo electrónico deberá indicarse en que categoría se participa, ata 17 anos ou máis de 18 anos.

 

 

3º: REQUISITOS DOS RELATOS PARTICIPANTES

 

A temática será: A VIOLENCIA DE XÉNERO.

A extensión dos relatos non poderá superar as 200 palabras.

Todos os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.

Favorecerase e premiarase a linguaxe inclusiva, a orixinalidade e o fomento dos valores de igualdade e respeto pola diversidade.

Os microrrelatos terán que ser inéditos e non publicados con anterioridade en ningún medio.

 

4º: DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

 

O Concello de Ribadavia organizará unha comisión avaliadora dos textos recibidos e proporá as candidaturas gañadoras, que se darán a coñecer no marco do Día Contra a Violencia de Xénero.

 

Os textos serán publicados na páxina web do Concello de Ribadavia e no xornal La Región.

 

5º: PREMIOS

 

Para os relatos seleccionados, o premio consistirá na publicación dos relatos e os seguintes galardóns:

 

           Categoría de menos de 17 anos:

  • Primeiro Premio: 150€ + Publicación no xonal La Región
  • Accésit: 50€ ++ Publicación no xonal La Región

 

 

Categoría de máis de 18 anos:

  • Primeiro Premio:150€ + Publicación no xonal La Región
  • Accésit: 50€ + Publicación no xonal La Región

No caso de que os datos identificativos non sexan correctos ou sexa imposible ubicar as persoas gañadoras de acordo aos seus datos de rexistro, o premio quedará deserto sen posibilidade de que poida reclamarse a súa entrega con posterioridade.

 

 

6º: PUBLICACIÓN DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE

 

As persoas participantes autorizan a publicación dos seus nomes, apelidos, cidade e idade canda o relato participante.

 

A organización resérvase o dereito a excluír de participación a quen non cumpra cos requisitos de participación ou deixar os premios desertos.

 

7º: PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

 

Informámoslle de que os datos de carácter persoal que vostede nos proporcione con ocasión da participación no presente concurso, nome e apelidos e correo electrónico para a entrega de premios que se realice no Concello de Ribadavia, serán tratados coa finalidade de xestionar o desenvolvemento da presente promoción, a entrega dos premios obtidos, así como con fins estatísticos e/ou para lle remitir información que poida ser do seu interese.

 

Vostede poderá exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos, dirixíndose a be******@ri*******.gal, indicando o tipo de dereito exercitado e achegando copia do seu DNI.

 

Do mesmo xeito, vostede ten dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

 

As persoas gañadoras da promoción autorizan expresamente ao Concello de Ribadavia a difundir o seu nome, apelidos, nome de usuario en Twitter / Facebook / Instagram e a súa imaxe en calquera actividade informativa e institucional relacionada coa presente actividade en calquera medio, sen que estas actividades lle confiran dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases.

 

 

8º: LEXISLACIÓN APLICABLE, ACEPTACIÓN DAS BASES E COMPETENCIA

 

Esta acción regularase pola lei vixente.

A participación no concurso supón a aceptación íntegra e incondicional destas Bases e a submisión expresa ás decisións interpretativa que destas Bases realice a organización en canto á resolución de calquera cuestión derivada do concurso. A manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte destas implicará a exclusión inmediata da persoa participante.

As presentes Bases están suxeitas a posibles cambios que poidan xurdir por motivos alleos á vontade da entidade organizadora, erratas ou causas de forza maior.

Poderase esixir a cada persoa gañadora a sinatura dun documento acreditativo da entrega do premio.

Todos os conflitos que poidan xurdir someteranse á decisión dos tribunais de Ourense.

 

Compartir

Check Also

BASES LISTA TEMPORAL SERVIZO AXUDA NO FOGAR

Publícase a normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listas para a …