VI PEDESTRE POPULAR DE RIBADAVIA

Data: Domingo, 22 de decembro de 2019

REGULAMENTO XERAL
O Concello de Ribadavia organiza o vindeiro Domingo 22 de decembro de 2019, “VI PEDESTRE POPULAR DE RIBADAVIA”.

HORARIO E LUGAR DE SAÍDA
A proba absoluta disputarase ás 11:00 horas, e terá a Saída e Meta na Praza Maior.
A Carreira Absoluta terá 2 distancias de 10Km e 4,5Km, sendo a de 4,5Km de promoción e iniciación.
Haberá 5´de diferencia entre as saidas dos 10K e dos 4,5K
As carreiras de menores comenzarán as 10:00 excepto as carreiras de Biberóns e Pitufos que comenzarán una vez que rematen a carreira dos maiores

CATEGORÍAS E ORDE DE SAIDA DOS MENORES
A Carreira Prebenxamin – 300m aprox. (7-6 cumpridos no ano)
A continuación, Sub 10 – 500m aprox. (2010 – 2011)
A continuación, Sub 12 – 700m aprox. (2009 – 2008)
A continuación, Sub 14 (2007 – 2006) e/sub 16 (2005 – 2004)- 2000m aprox.
11:00, Carreira Xuvenil /sub18 – 4.500 m aprox (2003-2002) correrán na carreira de 4,5K cos adultos
Carreira biberons (50 metros) (0-1-2 cumpridos no ano) despois da absoluta
Carreira Pitufos – 100m aprox. (5-4-3 cumpridos no ano) depois dos Biberons

CATEGORÍAS NA CARREIRA ADULTOS 10K MASCULINAS E FEMININAS
Sub 23: Nados desde 1996 ata o 2001
Sénior: 24 a 34 anos cumpridos a 31/12
Máster A: De 35 a 44 anos cumpridos a 31/12
Máster B: De 45 a 54 anos cumpridos a 31/12
Máster C: De 55 a 64 anos cumpridos a 31/12
Máster D: + De 65 anos cumpridos a 31/12

CATEGORÍAS NA CARREIRA ADULTOS 4,5K MASCULINAS E FEMININAS
– Sub18 (2003/2002)
– Absoluta

RECOLLIDA DE DORSAIS:
O Domingo 22 de decembro 2019, ata 30 minutos antes da salida de adultos na secretaría de competición (Concello de Ribadavia)

VI Pedestre Populr
CONTROL TECNICO DA CARREIRA
A carreira estará baixo o control técnico de Cronotec

SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chip-dorsal- Cronotec. Haberá puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser descalificadas se así o decide o xuíz árbitro da proba, coa consecuente eliminación dos resultados finais oficiais.

INSCRICIÓNS E PRAZOS
A proba absoluta ten un custe de 5 € a través de www.cronotec.es ata o 18 de decembro ás 23:59h
Todos os inscritos na carreira de adultos terán un obsequio recordó da proba.
Menores: A inscripción Gratuíta . A matrícula da proba de menores pode realizarse ata o 20 de decembro en www.cronotec.es

A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respectar as seguintes indicacións:
Todo corredor/a que non entre en liña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descalificado/a.
Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada kilómetro. O control de chegada pechará 1h15’ despois sa saida da carreira
A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

SERVIZOS
Vestiarios e duchas: PAVILLON MUNICIPAL O CONSELLO
Os resultados serán expostos ó remate da proba, e na web www.cronotec.es

ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios será ó finalizar a proba dos mais pequenos.
Recibirán obsequio conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría da carreira de “Adultos” Nas carreiras de menores recibirán todos un presente
Premio Local: 1º e 1ª do Concello de Ribadavia
Os premios non son acumulativos a excepción do premio Local
Equipos: Premio especial por equipos que estarán formados por 5 atletas en chegar a meta, tento que ser a lo menos 2 integrantes do equipo dun sexo (pode ser 3 masculinos e 2 femininos, ou 3 femininos e 2 masculinos).

UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas externas.
Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.

RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.

DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Os xuíces da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor que non leve visible o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido completo, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas Normas da FGA, RFEA ou IAAF.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios e trofeos.

RESPONSABILIDADE
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

LOPD
Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a participante consente expresamente que os seus datos sexan utilizados por Cronotec e o Concello de Ribadavia para comunicacións sobre as súas actividades e publicación de reportaxes sobre a proba.

COMPROMISO
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.

CAMBIOS NO REGULAMENTO
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás persoas participantes.

CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas normas da FGA, RFEA e da IAAF.
PARA MAIS INFORMACIÓN. A través do e-mail cronotec1@gmail.com

Compartir

Check Also

REFORMA DA PRAZA DE ABASTOS DE RIBADAVIA: ACCESIBILIDADE, SINALIZACIÓN E XESTIÓN DE RECURSOS

Subvencións para a rehabilitación e reforma de mercados municipais. Convocatoria 2020. Compartir