Servizo de Familias Madrugadoras

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto do Regulamento do Concello de Ribadavia Servizo de Familias Madrugadoras e Ordenanza municipal reguladora do prezo público pola prestación do Servizo de Familias Madrugadoras , solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

 

  1. a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.

 

  1. b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.

 

  1. c) Os obxectivos da norma.

 

  1. d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

 

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos durante o prazo de dez días hábiles a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

 

Ribadavia 14 de agosto de 2019

 

ALCALDE D César Fernández Gil

Compartir

Check Also

INSPECCIÓN TÉCNICA. XUÑO 2021

INSPECCIÓN TÉCNICA DE TURISMOS: LUGAR: POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CRISTOVO. RIBADAVIA. DÍAS: DO 24 DE …