SEMANA SANTA 2021. ACTIVIDADES.

·

RIBADAVIA PROGRAMOU UNHA SEMANA SANTA ACTIVA E SEGURA.

Música na rúa, contacontos e actividades dirixidas ao público infantil, xunto cun programa de conciliación para as vacacións dos escolares.

Todas as actividades estiveron adaptadas ao protocolo antiCovid.

Así, tendo en conta as medidas sanitarias e de seguridade, leváronse a cabo as seguintes actividades:

  • Actividades de Conciliación para que as familias poidan conciliar vida familiar e profesional durante os días non lectivos, 29, 30, 31de marzo e 5 de abril. Primeira vez que se realiza esta actividade.

 

  • Tamén Obradoiros Creativos para todas as idades, desde os 6 anos. Desenvolveranse polas tardes non festivas, sendo a primeira vez que se ofertan.

 

1 de abril. Actuación de Adrian Timms en diferentes rúas de Ribadavia. Músico inglés que comezou tocando nas rúas de Vigo, colleitando seguidores que o levaron ao éxito.

 

2 de abril: teatro musical infantil a partir das 17h na Casa da Cultura. Coa obra “De aquí para alá”, baseada nun audiolibro co que contamos na Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.

 

3 de abril: recital de música clásica con teclado, para todas as idades, a cargo de María Escudero Raña, natural de Ribadavia, e Carlos de la Blanca Elorza, pianistas profesionais.

 

4 de abril: actuación musical da artista indie-pop AstroGirl, que ademais participou do documental Ruta do Cavaquinho, realizado pola organización do festival de ukelele UKP Day e que sitúa a Ribadavia como destino e protagonista dunha ruta que une Braga coa capital do Ribeiro.

 

O mesmo día, xa pola tarde, Anxo Moure, o “Carballo con botas”, contou historias de natureza aos máis cativos, coa finalidade de concienciar ás vindeiras xeracións da necesidade de coidar do noso entorno. Será a través do conto “As árbores atrapadoras de contos”.

 

Ademais, ao longo do mes teremos programación cultural da Biblioteca de Ribadavia, coa Mostra Bibliográfica “Viaxa coa lectura e mergúllate noutras culturas” e tamén coa actividade, polo Día do Libro, o 23 de abril, de lectura de “Contos do Mundo”, en colaboración co voluntariado europeo da Oficina de Xuventude de Ribadavia.

 

Conciliación familiar durante os días non festivos.

 

Obradoiros Creativos para todas as idades.

Días non festivos. Para fomentar a creatividade e o desenvolvemento das artes plásticas.

 

Actuación de Adrian Timms en diferentes rúas de Ribadavia.

 

Teatro musical infantil a partir das 17h na Casa da Cultura. Coa obra “De aquí para alá”.

 

 

Teatro musical infantil a partir das 17h na Casa da Cultura. Coa obra “De aquí para alá”.

 

 

Actuación musical da artista indie-pop AstroGirl, que ademais participou do documental Ruta do Cavaquinho, realizado pola organización do festival de ukelele UKP Day.

 

 

Xa de tarde, Anxo Moure, o “Carballo con botas”, contou historias de natureza aos máis cativos, coa finalidade de concienciar ás vindeiras xeracións da necesidade de coidar do noso entorno. Será a través do conto “As árbores atrapadoras de contos”.

 

 

Ademais, ao longo do mes, programación cultural da Biblioteca de Ribadavia, coa Mostra Bibliográfica “Viaxa coa lectura e mergúllate noutras culturas” e tamén coa actividade, polo Día do Libro, o 23 de abril, de lectura de “Contos do Mundo”, en colaboración co voluntariado europeo da Oficina de Xuventude de Ribadavia.

 

Compartir

Check Also

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS REGULADORAS DO CONCURSO PÚBLICO PARA A CONCESIÓN DEMANIAL DOS SEGUINTES POSTOS DA PRAZA DE ABASTOS

Consulta aquí: Anuncio Praza Abastos No Boletín Oficial da Provincia de Ourense de data 16 …