RIBADAVIA ORGANIZA A PRIMEIRA EDICIÓN DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS

O Concurso ten como obxectivo a decoración e ornamentación dos balcóns e xanelas da
vivendas, edificios e locais comerciais e establecementos de Ribadavia para realzar o seu encanto
durante as datas sinaladas.

Desde o Concello facemos un chamamento a veciñanza a participar pois quen gañará será Ribadavia. A exposición de balcóns será do 25 de xuño ao 10 de xullo, período no que o tribunal realizará fotografías e valorará os participantes.

A Inscrición comezará o vindeiro 6 xuño e o prazo durará ata o 23 xuño.

– Concurso de decoración tanto para casas como para os establecementos comerciais e hostaleiros.
Poderán optar coa decoracións de Balcóns, ventás, fachadas, así como portas e portais, sempre que sexan visibles desde a rúa.
– Valoración de composicións florais de exterior, decoración de xanelas e balcóns, de portas e portais.
– Presentación: Presentarase preferiblemente a través de medios electrónicos, sede electrónica do Concello, dirección de correo electrónico, concursofloravia@ribadavia.es , ou na Oficina do Rexistro do Concello ou, en su defecto por calquera de las formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Prazo de inscrición: Do 6 xuño ata as 13,00 horas do 23 xuño de 2022.
– A EXHIBICIÓN AO PÚBLICO: Os balcóns e fachadas participantes deberán exhibirse ao público durante un período mínimo comprendido entre o 25 de xuño e o 10 xullo de 2022, ambos inclusive.
– PREMIOS
Un primeiro premio dotado de: 100 euros.
Un segundo premio dotado de: 75 euros.
Un terceiro premio dotado de: 50 euros.
3 Accésit dotados de: 25 euros cada un.
Os Premios serán en cheques regalo para trocar no comercio local de Ribadavia.
A entrega de premios realizarase no lugar, data e hora sinalados pola organización.
Valorarase: O uso de flores, plantas, elementos vexetais, así como outros elementos decorativos reciclados, para engalanar os balcóns, portas e xanelas.
Os elementos utilizados deben respectar a normativa vixente. Deberán estar ben ancorados á fachadas e estrutura do balcón ou xanela sen que a súa localización obstaculice, estorbe e/ou poña en risco a seguridade de viandantes e/ou vehículos.
Pode consultar as bases premendo na seguinte ligazón: BASES
Compartir

Check Also

ANUNCIO DO RESULTADO DA PROBA PRÁCTICA PARA AUXILIAR ADMINISTRATIVO

CONCURSO OPOSICIÓN PARA A SELECCIÓN DE FUNCIONARIO INTERINO AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE RECADACIÓN. Consulte o resultado …