RESOLUCIÓN SECRETARÍA XERAL DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL PARA A OBTECIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO PARA MAIORES DE VINTE ANOS.

Consellería de Cultura, Educación e Universidade RESOLUCIÓN do 17 de
febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola
que se convoca a proba para a obtención do título de bacharelato para
maiores de vinte anos e e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
Obxecto e ámbito de aplicación
A presente resolución ten por obxecto convocar a proba para a obtención do título de
bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2022 na
Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento administrativo ED534A) e

determinar as condicións en que se realizará.

Modalidades
1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias
Sociais.
2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titularen pola modalidade de
Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o

establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2022.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado
equivalente para efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou
réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2021/22.
Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes de inscrición e documentación complementaria.
1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de
2022.
2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou
nun deles.
3. As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros
educativos sinalados no número 4 desta epígrafe e en calquera dos lugares e rexistros
establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común,
utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta
de Galicia,
https://sede.xunta.gal

Mais info: dog 25/02/2022

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir