REDEIRAS. Unha profesión con historia.

Exposición fotográfica na Casa da Cultura.

Nos últimos anos, sobre todo despois do desatre do Prestige, moitas traballadoras do mar pertencentes a colectivos pouco recoñecidos, profsionalizáronse en Galicia; o que tivo como consecuencia unha crecente valoración social en relación as súas aportacións. Entre elas, atópase o colectivo de redeiras, que encarna unha comunidade artesanal que loita desde o asociacionismo, polo mantemento e sostibilidade da cultura pesqueira e do propio medio.

 

O obxectivo primeiro deste proxecto é visibilizar e recoñecer a contribución ao desenvolvemento e sostibilidade do colectivo de redeiras galegas, a través dunha mostra fotográfica que fai un percorrido polos procesos artesanais do seu oficio.

 

O percorrido expositivo recolle como piares conceptuais aspectos que implican unha análise das contornas de traballo e os procesos de cambio que sufriu o colectivo a partir da súa profesionalización. Neste caso cobra especial importancia a representación do mesmo, da comunidade e das propias taballadoras, co fin de mostrar unha imaxe que permita ver a complexidade e dinamismo do traballo das redeiras; pero tamén a participación no cambio a través do asociacionismo.

 

Compartir

Check Also

REFORMA DA PRAZA DE ABASTOS DE RIBADAVIA: ACCESIBILIDADE, SINALIZACIÓN E XESTIÓN DE RECURSOS

Subvencións para a rehabilitación e reforma de mercados municipais. Convocatoria 2020. Compartir