PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 21/22.

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 21/22

✳ O luns día 13 bota a andar o novo curso 21/22 coa oferta de actividades físico-deportivas promovidas polo Consello Municipal de Deportes. Que constan de programa para adultos, programa infantil, servizo de adestrador persoal e o uso libre das instalacións. Este ano como novidade, o curso ofértase os sábados en horario de mañá:

✴ CIRCUITOS SAUDABLES : Actividade dirixida ao aire libre que se desenvolverán inicialmente na área recreativia A Veronza e no complexo Deportivo O Xestal.
✴ ANDAINAS SAUDABLES : Con caracter mensual/quincenal, os circuitos saudables compleméntase cun programa de andainas saudables, alternando dúas propostas (incluídas no plan Galicia Saúdable). CIRCUITO I de intensidade moderada de 6,5 Km. Ribadavia – Francelos – Ribadavia; CIRCUITO II de intesidade lixeira de 4,5 Km. Ribadavia – San Cristovo – Ribadavia.

✳ Esta programación vai dirixida a tódolos cidadáns, e ten como obxectivo o incremento da actividade física entre a poboación en xeral, tendo como finalidade principal a saúde .

 

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 21/22

Compartir

Check Also

ANUNCIO DO RESULTADO DA PROBA PRÁCTICA PARA AUXILIAR ADMINISTRATIVO

CONCURSO OPOSICIÓN PARA A SELECCIÓN DE FUNCIONARIO INTERINO AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE RECADACIÓN. Consulte o resultado …