Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021.

Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

 

Persoas destinatarias. As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas: terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021,

Localidade Nivel
Santiago de compostela Celga 1 celga2 celga3 Celga 4
Ponferrada Celga2 Celga 3 Celga 4

Presentación de solicitudes e prazo.

Cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.

O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Taxa (código 304401): en 16,59 euros

A tramitación do pagamento da taxa poderá efectuarse por vía telemática ou presencial: Se se tramita de modo telemático, accederase á Oficina Virtual Tributaria (https:// ovt.atriga.gal/) e efectuarase o pagamento mediante tarxeta ou cargo na conta.

Os códigos que deben cubrirse son: Consellería: Cultura, Educación e Universidade. Código: 07. Delegación: Servizos Centrais. Código: 13. Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.

A duración das probas é a seguinte:

Probas do Celga 1: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.

Probas do Celga 2: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e a proba oral terá unha duración máxima de 10 minutos.

Probas do Celga 3: a proba escrita terá unha duración de dúas horas e media e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

Probas do Celga 4: a proba escrita terá unha duración de tres horas e a proba oral terá unha duración máxima de 15 minutos.

Máis info: DOG 17/03/2021.

 

 

Servizo de orientación laboral.

Concello de Ribadavia.

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir