PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DE NADAL

O Concello de Ribadavia, xunto a EAR (Establecementos Asociados do Ribeiro), presentou na mañá de hoxe no Salón de Plenos do Concello, o programa de nadal.

A principal novidade deste ano vai ser o alumeado que contará coa árbore da Praza Maior, a fachada do Castelo, a fachada do Concello, 30 arcadas nas rúas e a iluminación das árbores do entorno das banquetas e da Casa Sindical, ao que se sumará nesta campaña unha bola de luces de 7.50 metros de diámetro e altura e un perímetro de base de 24 metros. Un alumeado que se acenderá o vindeiro venres, 30 de novembro ás 19 horas; coincidindo co V Concurso de Pinchos do Ribeiro organizado pola Asociación de Establecementos Asociados do Ribeiro.

Nesta campaña contaremos tamén co Ribadandal, que como na pasada edición, para poder acceder será necesario obter unha pulseira, que será gratuíta para todas as persoas empadroadas no Concello de Ribadavia (só unha pulseira por persoa) e para todos aqueles que merquen nos establecementos asociados (EAR), mentres que o resto de persoas terán que pagar polas pulseiras un prezo de 4 euros toda a xornada. Esta pulseira poderana recoller, todas as persoas empadroadas, dende o día 26 de novembro ata o día 28 de decembro de 2018, nas dependencias do concello en horario de 09.00 h a 14.00 h.

A pulseira permitirá o aceso gratuíto á actividade Ribanadal, tanto á pista de xeo como ao resto das atraccións inchables, que estarán abertas ao público entre os días 21 e 29 de decembro, en horario de 11.00 h a 13.00 h e de 16.30 h a 20.30 h (o día 25 só en horario de tarde e o día 29 só en horario de mañá); e que contará tamén con algunha novidade.

Contamos nesta campaña tamén con diversos obradoiros de fotografía e inglés impartidos na Casa da Xuventude de Ribadavia e colaboracións co Centro Pedagóxico de Bolboretas e con A Lira de Ribadavia, para facer que todos e todas poidades gozar do nadal á vez que aprendendo.

Manteránse a Carrreira Popular de Ribadavia o día 22 de decembro ás 16 horas e os días de cine infantil na Casa da Cultura os días 2 e 4 de Xaneiro ás 17 horas e como non podía faltar a cabalgara de reises o día 5 de Xaneiro ás 18 horas sindo do IES O Ribeiro e rematando na Praza Maior.

A música terá tamén protagonismo e efecto dinamizador, ás rúas vestiranse de son dende o día 22 de decembro ao 6 de xaneiro; contando tamén cos concertos do Connservatorio Profesional e a Escola Municipal de Musica de Ribadavia o 20 de decembro ás 20 horas; e o concerto de Aninovo da banda A Lira o 6 de Xaneiro ás 18 horas.

Cremos que facer unha campaña conxunta coa Asociación de Comerciantes sempre é sumar e colaborar co dinamismo do comercio local e da poboación. Completan as actividades con animacións de rúa o 23 de decembro, día tamén no que o Papa Noel e o seu duende chegará a Praza Maior ás 19 horas. E cuns máis que chamativos premios tanto económicos como en estancias hoteleiras, cuxo sorteo terá lugar o luns día 9 de Xaneiro na Praza de Abastos.

Una campaña 2018/2019 que a pesares dos recursos limitados cos que sempre contamos, cremos que é a mellor campaña de nadal dos últimos anos. Contando cunha previsión e traballo que é co que tentamos con humildade dinamizar todo o posible á vida social do Concello coas actividades que pechan o ano e tentan abrir un novo con ilusión de pequenos e maiores.

Compartir

Check Also

SEMANA DO LIBRO EN GALEGO DO 17 AO 23 DE MAIO.

RIBADAVIA CELEBRA A SEMANA DO LIBRO EN GALEGO CON DESCONTOS NAS SÚAS LIBRARÍAS.   Celebrarase …