PLAN GALICIA EMPREGA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E Á FORMACIÓN NA EMPRESA ORDINARIA

Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento TR342C e TR342A).

Programa I de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C).

Entidades beneficiarias:

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade.

As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, na súa falta, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril).

Tipos de axudas:

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerán os incentivos á contratación por conta allea e á formación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Inclúe catro tipos de axudas compatibles:

1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

4. Incentivos á formación (opcional) dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio deste programa, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Contía da axuda:

As contías varían entre os 2.000 € e os 16.000 €, dependendo da liña de axuda e das características dos contratos e das persoas contratadas.

Forma e prazo de presentación das solicitudes:

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2022.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Pode consultar as bases íntegras da convocatoria na seguinte ligazón premendo aquí.

 

Compartir

Check Also

BASES PREMIO ABRENTE PARA TEXTOS TEATRAIS.

Francisco Fernández Castro, secretario do concello de Ribadavia, CERTIFICO:   Que o Pleno do concello …