O CONCELLO DE RIBADAVIA CONVOCA AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/2020.

O prazo de solicitude será o mesmo que nos últimos anos do 12.09.19 ao 07.10.19, e as solicitudes poderanse realizar no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

 O Concello de Ribadavia convoca, un ano máis, as axudas para a adquisición de material escolar para o Curso2019/20, dentro da  educación infantil (3 a 6 anos). Esta  axuda para a compra de material escolar, ten coma obxectivo apoiar a familias de Ribadavia con recursos baixos ou medios.

O prazo de solicitude será o mesmo que nos últimos anos do 12.09.19 ao 07.10.19, e as solicitudes poderanse realizar no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

Os requisitos xerais de acceso a axuda son:

Que os ingresos totais da unidade familiar non superen os 2.017€.

– Estar empadroado/a no Concello de Ribadavia na data de convocatoria da subvención.

Aportar a factura de compra do material (Establecementos de Ribadavia) con firma e selo de pagado.

– Que o límite de ingresos estea dentro da seguinte táboa:

INGRESOS

AXUDA

Ingresos da unidade familiar de ata 1,50 do IPREM* (807€)

80€

Ingresos da unidade familiar de ata 3,75 do IPREM (2.017€)

50€

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “seguimos apostando por este tipo de axuda utilizando recursos propios do concello para poder financiar o material escolar destes nenos/as e contribuir deste xeito a unha maior equidade e xustiza social centrando esforzos e recursos naquelas familias que mais o precisan.”

Compartir

Check Also

INSPECCIÓN TÉCNICA. XUÑO 2021

INSPECCIÓN TÉCNICA DE TURISMOS: LUGAR: POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CRISTOVO. RIBADAVIA. DÍAS: DO 24 DE …