Microrrelatos Gañadores do 1º Concurso de Microrrelatos CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Premios Adultos:
1ºPremio: “Manaus”-Constanza Garabatos Funes-Vigo

MANAUS

Lembro un cuarto escuro nunha casa descoñecida no centro de Manaus. O leito era unsaco de durmir e a chaqueta de la da miña avoa. Estaba moi cansa e a miña vaxina ardíacon aquela candidiasis destrutiva. Deiteime, mañá sería outro día e agardaba que, por fin,lucise o sol. Mais a noite ía ser unha noite para recordar, ti non querías renunciar á túa dosedos meus xenitais. Tombácheste sobre min, xireime. “¿Rexéitasme?”, preguntaches, “Xanon me queres.” Non, nunca te quixen. “És a miña pequena. Somos un equipo.” Si, perohoxe non quero, síntome lonxe de ti. Non o podías entender. Abalanzácheste sobre o meucorpo, agarráchesme os pulsos. Déixame… por favor. Bicáchesme na face. Eu queríadesaparecer, pero o teu corpo suorento impedíame fuxir. Pechei as pernas e ti masseparaches. Non quería. Metícheste violentamente no meu corpo. Unha, dúas, tresarremetidas. Saíches de min e o teu seme caeu sobre o meu torso. Levanteime saloucando,limpieime e acurruncheime no improvisado xergón. Abrazáchesme. Dábasme noxo. Pasei anoite en vela co teu corpo satisfeito abrazado ao meu corpo aldraxado. O mañá chegoupara lembrarme que todo aquilo era verdade. Sucedera, e non podía negalo. Odieite

 

Acéssit: “Marchou”-Carla González Blanco-Ourense

 

MARCHOU

Xoana- Dis que é polo meu ben. Dis que me queres. Dis que non controlas os cabreos. Dis que estas namorado de min. Sabes o triste? Que eu sei que todo iso é mentira e non podo deixarte atrás. Non podo facelo por medo, por medo a ti, aos teus golpes, aos teus berros. Non podo máis, non podo seguir xustificando os moratóns, non podo seguir escondendo as feridas. Non aguanto máis. Eu, como muller e como persoa, son moito máis que iso. Non merezo os teus berros e moitos menos os teus golpes. Non quero seguir aquí , non quero seguir a miña vida contigo. Marcho.

Mauro- Non marchas non

Xoana marchou, pero non a onde ela quería.

 

Bala de calibre 9. Disparo na cabeza.

Xoana marchou, deus sabe a onde

 

Premios Infantil/Xuvenil:
1ºPremio: “Tras a porta”-Sabela Pérez Taboada-Ribadavia

TRAS A PORTA

Son as 00:26 segundo o reloxo da cociña, o cal vai adiantado dous minutos. Escoitas un golpe tras a porta, se isto ocorrese hai tres anos estarías preocupada, agora só sentes medo, comezas a tremer no instante no que sentes a chave entrar na pechadura. Ábrese a porta e, aínda tremendo, levántaste para coller a cea, xa fría, que preparas coa esperanza de que hoxe a historia non se repetira. Entra e ti amablemente dáslle o prato, que tira ao chan, seguido dos mesmos insultos de sempre. Axeónllaste para recoller os anacos rotos e non podes aguantar as bágoas. Ao levantarte intentas disimulalas pero é inevitable, mírate e como fai cada vez que choras, dáche unha labazada seguida dos mesmos insultos desempre.

Chorado, vaste á cama mentres oes a porta abrirse acompañada de queixas e insultos, claramente os mesmos de sempre, e dun golpe, péchase. Adormeces entre bágoas intentando fuxir do pesadelo no que vives.

Espertas cun ramos de flores e unha nota de arrepentimento, e coma sempre, accedes a dar unha derrareida oportunidade.

 

Son as 00:13 segundo o reloxo da cociña, o cal vai adiantado dous minutos. Escoitas un golpe tras a porta…

 

Acéssit: “A inxustiza das letras”-Jimena Curieses Fernández-Ourense

A INXUSTIZA DAS LETRAS

Había unha vez unha muller moi sabia chamada “A raíña das letras”. Era moi maior e tiña moitas fillas que eran as letras. A raíña encargábase, entre outras cousas, de vixiar que as letras se levasen ben. Polo xeral todas eran amigas, pero había dúas que tiñan unha relación complicada. Estas eran o a e o o. O Oás veces menospreciaba ao A, o ridiculizaba ou a maltrataba, e polos séculos conseguiraadonarse de moitas palabras excluíndo desta maneira ao A. O A moitasveces setíase coma una letra minúscula pequena e insignificante. Por iso a raíña decidiu actuar o antes posible. Chamou ás súas amigas a palabra, a oración, a diérese, o til, a coma e a todas as demais. E todas xuntas decidiron emprender unha longa viaxe. Ían arranxar aquilo, non facer que o O se sentise unha minúscula, non, non entendades mal, senón facer que as dúas tivesen o mesmo tamaño, o mesmo poder, o mesmo respeto e sobre todo que fosen tratadas como iguais.

XURADO

  • Roberto Pascual Rodríguez, licenciado en Filoloxía Galega e Posgraduado en Arte Dramática. Director da MIT, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e colaborador de Artes Escénicas na Radio Galega. Premio Arenteira de Cultura e colaborador do Consello da Cultura Galega, foi asesor do Inaem (Ministerio de Cultura) e autor de libros como “Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro” (Xerais).
  • Samuel M.Vázquez, Graduado en Relaciones Laborales y Recursos Humanos por la Universidad de Vigo. Escritor, obras publicadas: Nosotros, a la izquierda del tiempo (2018).Para cuando la lluvia nos venza (2019).
  • José Luis Chao Rey, Cofundador da Asociación Abrente. 1º Presidente do Centro de Estudios Medievais. Membro da Asociación “Por un Ribeiro Poético”. Escritor da Historia Local de Ribadavia.
  • Mayka Vilar Álvarez, Presidenta da Asociación “Por un Ribeiro Poético”
  • Yolanda Gómez Gómez, Concelleira de Cultura de Ribadavia.

ORGANIZACIÓN e  COORDINACIÓN

  • Clara Loeda Soto, Concelleira de Política Social.

 

 

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir