MELLORA DA ACCESIBILIDADE AO PARQUE DOS XARDINILLOS E BEIRARÚAS DO SEU ENTORNO

O Concello de Ribadavia, acolleuse á subvención para a mellora de accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, publicada no DOG do 21 de xullo de 2017 co proxecto denominado “Mellora da accesibilidade ao parque dos Xardinillos e beirarúas do seu entorno”. Unha subvención que conta co cofinanciciamento do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020 e que se encadar no obxectivo temático (O.T.9. “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”)

O obxetivo do proxecto é promover a inclusión social contribuíndo ao desenvolvemento local de bens culturais e recreativos e á redución das desigualdades que poidan padecer as persoas con algunha discapacidade. A accesibilidade universal é a condición que deben cumprir os contornos, procesos, bens, produtos e servizos, así como os obxectos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos, para que todas as persoas poidan ter unha participación social plena. Trátase dun concepto relacionado coa idea de «deseño para toda a cidadanía», o deseño universal entendido como factor que permite crear produtos, contornos e comunicacións de modo que sexan utilizables por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible, sen necesidade de adaptación nin deseño especializado. Polo tanto, beneficia o conxunto da poboación, con independencia das súas capacidades.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Compartir

Check Also

SEMANA DO LIBRO EN GALEGO DO 17 AO 23 DE MAIO.

RIBADAVIA CELEBRA A SEMANA DO LIBRO EN GALEGO CON DESCONTOS NAS SÚAS LIBRARÍAS.   Celebrarase …