INFORMACIÓN COVID-19

Según os datos oficiais recibidos hoxe por parte da Consellería de Sanidade, Ribadavia conta con 67 casos activos de COVID-19.
A partir de hoxe ás 0:00 da noite entran en vigor novas restricións para o concello de Ribadavia.
1) NON se permite a reunión de persoas non convivintes.
2) Os establecementos de hostelería e restauración permanecerán pechados ao público.
3) No que ten que ver coa mobilidade, queda restrinxida a entrada e saída do Concello de Ribadavia salvo por razóns de traballo ou médicas.
 Ampliaremos información coa publicación del DOG.
O SERGAS infórmanos de que mañá se levará a cabo un cribado comunitario entre a veciñanza do concello de Ribadavia.
O cribado consistirá na realización de probas PCR a persoas, previamente citadas, de entre 25 e 65 anos.
A recollida de mostras farase no colexio da Alameda a partir das 15:00.
As persoas que deberán facer os test PCR serán citadas tras un proceso de selección aleatorio.
Compre sinalar que NON se lle farán test a persoas que non foran previamente citadas.
Con este cribado comunitario preténdese obter unha foto o mais precisa posible da realidad
e epidemiolóxica de Ribadavia, xa que se pretende chegar a un mínimo de 500 persoas.
Cómpre extremar as precaucións e manter a disciplina en todo o que ten que ver co uso de máscara, hixiene de mans e distanciamento social.
Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …