FESTIVIDADE DE SAN XOÁN 2022.

 SAN XOÁN 2022. RIBADAVIA.
🔶 Día 22 de xuño:
– Ás 19:30 horas, pequenos e maiores poderemos aprender moito sobre as herbas de San Xoán, cun percorrido no que aprenderemos a identificalas e prepararnos para a noite máis curta do ano.
🔶 Día 23 de xuño:
–  A partir das 22:30, volven as VISITAS TEATRALIZADAS ao Castelo de Ribadavia, da man de Platea Lua. Entrada de balde e ata completar aforo. Información e reserva de prazas no teléfono: 617 55 79 61.
– Na Praza Maior: TEATRALIZACIÓN nocturna de San Xoan e queimada.
– E, por suposto, haberá a tradicional exposición de herbas medicinais e tamén rosquillas e melindres para os asistentes.
🔥 Ademais, este ano recuperamos a cacharela, agora permitida co cambio do protocolo anti-covid.
————————-
Actualización:
Imaxes do evento realizado.
Queimada, con Platea Lúa.
.
Visita teatralizada realizada ao castelo, co Conde Sarmiento e o seu criado.
Con Platea Lúa. Esgotaron reservas.
Preparando as herbas de San Xoán, na casa da Cultura, entregadas aos asistentes na noite de San Xoán.
Compartir

Check Also

DATAS RENOVACIÓN DNI PARA O MES DE MAIO

Renovación DNI É preciso anotarse con antelación no rexistro do concello. Datas: 1ª parte: mércores …