FESTA DA ISTORIA 2016

Esta fin de semana, Ribadavia volve ao medievo, cun programa cheo de a14047141_1691500181175432_7807613971300647396_octividades para todos os públicos. Nesta edición cóntase cunha morea de novidades que van da man de achegar á festa á modernidade dos tempos; xa fai unhas semanas, a Fundación Festa da Istoria, presentaba unha nova imaxe corporativa. Estes días, ademais, viu a luz unha aplicación móbil onde se poden coñecer todos os detalles da festa. E xa por último, aínda que non menos importante, a apertura das wifis de establecementos colaboradores para facilitar a comunicación entre os asistentes; xa que nesa xornada do sábado xeralmente a cobertura pérdese. A wifi chámase ISTORIA 2016 e os puntos cos que contan son os seguintes:
-Café-Bar Morto-Rúa Progreso14063732_1091088960926830_7807720827151353034_n
-Bar Meu-Rúa Progreso
-Cafetería Dessert-Alameda
-Ribeiro e Xamón-Praza Maior
-Vinoteca-Praza Maior
-Restaurante Praza-Praza Maior
-Café-Pub Aljama-Rúa Trasmesones
-Cafetería Rectoral-Praza Maior
-Sede Coordinadora Festa da Istoria-Rúa Escobetes
-Concello Banco Alhóndiga-Praza Maior
-Autoescola Yoli-Praza San Martín
-Casa Lhou-Rúa Yañez

Non podemos esquecer ademais que na víspera da festa, o xoves, os colleiteiros/as do Ribeiro xunto con Entretempos e Brétemas, volverán facer unha cata no patio do xulgado, como xa ven sendo habitual neste verán ribadaviense. E a Asociación “Por un Ribeiro poético” ten previstas unhas conferencias e presentacións nas XI Xornadas José Carlos Gómez Alfaro o xoves ás 16:00horas no clube artístico.

14067795_577667242415054_8702303123936169191_o

 

Compartir

Check Also

DATAS RENOVACIÓN DNI PARA O MES DE MAIO

Renovación DNI É preciso anotarse con antelación no rexistro do concello. Datas: 1ª parte: mércores …