Exposición: “Ou noso mundo, o noso futuro, a nosa opción: O cambio climático”

👉Ata o 5 de outubro teremos unha exposición na Casa da Cultura titulada “Ou noso mundo, o noso futuro, a nosa opción: O cambio climático” que o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) cedeunos ao Concello de Ribadavia para o seu a súa mostra pública.
📌A idea base que fundamenta a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” é a de sensibilizar e fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de medidas efectivas para loitar contra os efectos do cambio climático.
Os obxectivos desta exposición son os seguintes:
– Favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático a través da información, o autoconvencemento e a sensibilización.
– Promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais que poidan derivar na mitigación do cambio climático no ámbito persoal.
– Concienciar aos participantes de que eles poden colaborar na solución: valorar a importancia e repercusións de todas aquelas actuacións que dende os diferentes ámbitos poden desenvolverse para mitigar os efectos do cambio climático.
– Sensibilizar aos participantes de que teñen un papel fundamental no efecto multiplicador da difusión das actitudes e valores abordados, no seu entorno máis próximo (familia, redes sociais, etc…).
Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir