EmprendOU 2019/2020

Programa Provincial de Axudas a Emprendedores.

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas do Programa EmprendOu, aquelas que, a partir do 8 de Xaneiro de 2019, inicien actividades empresariais ou profesionais por conta propia cumprindo cas seguintes características á data de alta.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmprendOu as persoas maiores de 16 anos e menores de 30 anos.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmprendOu as persoas que proveñan dunha situación de desemprego.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmprendOu as persoas empadroadas en Ribadavia.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmpregOu as persoas que previo a alta figurasen inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmprendOu as persoas dadas de alta nalgún réxime da Seguridade Social por conta propia ou nunha mutualidade profesional como exercente con posterioridade ó 8 de xaneiro de 2019.

Poderán ser persoas beneficiarias do Programa EmprendOu as persoas que establezan o Centro de Traballo nalgún municipio dos que figuran como “municipios elixibles”.

A subvención do Programa EmprendOu será dunha contía mensual equivalente ó 75% do Salario Mínimo Interprofesional, o que para 2019 significa 675 euros ó mes

Neste enlace tendes toda a información necesaria e tamén podedes vir o concello que un técnico informaravos sobre todas as vosas dubidas.
https://www.emprendou.com/

Compartir

Check Also

SEMANA DO LIBRO EN GALEGO DO 17 AO 23 DE MAIO.

RIBADAVIA CELEBRA A SEMANA DO LIBRO EN GALEGO CON DESCONTOS NAS SÚAS LIBRARÍAS.   Celebrarase …