Día Mundial do Teatro. 27 de marzo de 2021.

O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de Ribadavia, como capital do teatro galego, queremos conmemorar este día poñendo en valor o teatro como patrimonio cultural de Ribadavia. 

 

Para elo, celebraremos unha sesión de Lectura de Teatro Dramatizada o día 27 de marzo ás 12 horas, no salón de plenos do concello de Ribadavia.

 

As lecturas a realizar serán escollidas entre os gañadores do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro.  A actividade consistirá en teatro lido de arredor de 5 minutos por cada lectura, sen público, mantendo a distancia de seguridade e coas demais medidas sanitarias. 

 

O acto será retransmitido en directo desde a canle oficial da web do concello de Ribadavia, tamén se compartirá en redes sociais e subirase á web.

 

Desde o Concello queremos animarvos a que sexades unhas teatreiras e teatreiros!

Anímate a participar enviando a túa solicitude ao enderezo de correo electrónico casacultura@ribadavia.gal ou chamando ao teléfono: 988 47 19 00.

 

 Data límite para inscribirse: 18 de marzo.

 

[Esta será unha actividade segura na que se cumprirán todas as medidas sanitarias que esixe o contexto actual de pandemia de COVID-19].

 

Bases:

  • O solicitante deberá indicar o seu nome, apelidos, idade, teléfono de contacto.

 

  • Contacto: 

          Correo electrónico:casacultura@ribadavia.gal

          Teléfono: 988 47 19 00

 

  • No caso de menores de idade será precisa a autorización dun proxenitor ou titor legal maior de idade. Realizando a solicitude para participar desta actividade, enténdese que automaticamente se dá o consentimento. 

 

  • Os participantes e os seus representantes legais consenten automaticamente ao participar desta actividade a utilización, publicación e reprodución sen limitación, por parte da organización, da obra e autor/a en calquera tipo de publicidade, promoción, publicación, incluído Internet ou calquera outro medio da natureza que sexa, con fins informativos, sen que dita utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún.
     

 

Fotos do acto realizado:

Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …