DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2022.

🎭 DÍA MUNDIAL DO TEATRO.🎭
➡ O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de Ribadavia, conmemoraremos este día poñendo en valor o teatro como patrimonio cultural.
 
📚 Para elo, celebraremos unha sesión de Lectura de Teatro Dramatizada o día 27 de marzo ás 12 horas, no salón de plenos do concello de Ribadavia por persoas vencelladas as artes escénicas en Ribadavia.
 
📚 As lecturas a realizar serán escollidas entre os gañadores do Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro.
 

Ademais, o 25 de marzo, na Alameda, ás 19:00 horas gozaremos das artes escénicas co espectáculo de clown RISCANDO O CEO, para todos os públicos.

Riscando o ceo lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles. Un ton absurdo e reflexivo que fai que nos reformulemos o esencial das cousas. Inspirado no incrible mundo de O Principiño de Antoine de Saint-Exupery, Riscando o ceo é un espectáculo próximo e moi visual que fai que o público viaxe co perigo e a risa. Un show de circo que emocionará a todo tipo de persoas a través dun clown que nos fará ver as cousas do revés… porque, como se di en O Principiño, “o esencial é invisible aos ollos. Só se ve ben co corazón”.

Compartir

Check Also

BASES PREMIO ABRENTE PARA TEXTOS TEATRAIS.

Francisco Fernández Castro, secretario do concello de Ribadavia, CERTIFICO:   Que o Pleno do concello …