Convocadas as probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Convocadas as probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

 

Obxecto

Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na cal se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia. Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarias da rede CeMIT.

 

Contidos da proba

1. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

A rede CeMIT ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de Autoformación como material de apoio para a preparación destas probas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Prazas convocadas, datas, lugar e horario poden consultar na web http://cemit.xunta.gal/centros

O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Taxas de exame dez euros con sesenta e tres céntimos (10,63 euros).

As probas de avaliación presencial para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática teñen o seguinte formato:

PROBA DE AVALIACIÓN

Preguntas tipo test: número Tempo dispoñible: minutos Intentos Respostas incorrectas: desconto Superación: porcentaxe de respostas correctas
50 90 UN NON 60 %

Máis información : Dog do 25/04/2021

Servizos de orientación laboral
Concello de ribadavia

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir