Concurso de Debuxo. Día da Nai 2021.

Este domingo 02 de maio celébrase o Día da Nai.

 

Desde o concello de Ribadavia queremos animar aos máis cativos (ata 12 anos) a que nos enviedes debuxos, nos que nos transmitades que significa para vós este día, dando renda solta á vosa imaxinación e creatividade.

 

O obxectivo é fomentar a imaxinación, a concentración e promocionar tamén a lectura, xa que os premios consistirán en lotes de material escolar e libros adaptados á idade dos participantes.

 

Valorarase a creatividade, a orixinalidade e o esforzo que realicedes, pero recordade que o importante é participar! O prazo para enviar as vosas creacións remata o 04 de maio.

 

Bases:

 

  • O participante deberá indicar o nome, apelidos e idade do menor, así como nome, apelidos, número de DNI e teléfono de contacto do proxenitor ou titor legal. Estes datos non poderán estar incluídos no debuxo.

 

  • No caso de que o debuxo sexa enviado dende colexios, deberase indicar o nome e apelidos do menor, a idade e o centro educativo de Ribadavia ao que pertencen. Estes datos non poderán estar incluídos no debuxo, debendo entregarse aparte e de forma que se permita a súa posterior identificación.

 

  • Contacto para a entrega:

Mediante correo electrónico: cultura@ribadavia.gal

ou depositando o debuxo entregándoo no Concello.

 

No caso de enviar o debuxo por correo eléctrónico, anexarase o debuxo e no corpo do correo indicaranse os datos persoais.

No caso de entrega física, os datos deberán entregarse aparte, permitindo a súa posterior identificación.

 

  • Data límite para enviar os debuxos: 04 de maio.
  • Resolución de premiados: 07 de maio.

 

  • Será precisa a autorización dun proxenitor ou titor legal maior de idade. Realizando a solicitude de participar desta actividade, enténdese que automaticamente se dá o consentimento.

 

  • Os participantes e os seus representantes legais consenten automaticamente ao participar desta actividade a utilización, publicación e reprodución sen limitación, por parte da organización, da obra e autor/a en calquera tipo de publicidade, promoción, publicación, incluído Internet ou calquera outro medio da natureza que sexa, con fins informativos, sen que dita utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún.

 

Premios:

Haberá dúas categorías, con 3 premios cada unha:

    • infantil (ata 8 anos) e
    • xuvenil (de 9 a 12 anos).

 

  • Os premios consistirán en libros de lectura e material escolar que poderán recoller no concello de Ribadavia.

Gañadores:

 

hdrpl

Compartir

Check Also

SAN XOAN 2021

A vindeira semana comezará o verán e e con el chega o San Xoan. O …