CONCILIACIÓN NO VERÁN 2021.

 

1. Obxeto:

O Concello de Ribadavia como un xeito de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadavia durante o verán organiza o “Aviaverán”.

Este programa tamén ten como obxetivo o disfrute no tempo estival, dos nenos e das nenas, tanto dende un punto de vista pedagóxico, como no de poder vivir unha experiencia que axude a potenciar o seu desenvolvemento persoal e autonomía.

 

2. Persoas destinatarias:

Nenos e nenas de 3 a 14 anos

 

3. Periodo:

O periodo da actividade comprende do 1 de xullo ó 31 de agosto de 2021. Os días serán de luns a venres e con horario de 9:00-14:00 horas, podendo ampliarse horario en caso de demanda suficiente.

Poderán solicitarse por periodo mensual ou quincenal, quedando reflexado no modelo de solicitude.

 

4. Prazas:

O número de prazas serán de:

  • Durante o mes de xullo: 75
  • Durante o mes de agosto: 45

Os nenos ou nenas con discapacidade recoñecida igual ou superior ó 33% ocuparán 2 prazas.

 

5. Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes presentaranse no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

A solicitude entenderase presentada no cando estea entregada toda a documentación, incluido o xustificante bancario do prezo do servizo de conciliación.

O prazo de solicitude será do 3 ó 14 de xuño.

En caso de prazas dipoñibles prazos extraordinarios, cos mesmos criterios de prioridade ca no prazo ordinario.

 

6. Criterios:

As solicitudes serán valoradas en base ós seguintes criterios de prioridade que se cumpran na data de presentación de solicitude:

1º Situación laboral familiar: que traballen ambos proxenitores.

2º Situación laboral familiar: se só traballa un/unha dos proxenitores, que o outro/a preste unha atención a persoas dependentes, persoas con discapacidade ou menores de ata 3 anos (poñer ano nacemento)

3º Pola condición de discapacidade do neno ou nena.

4º Pola condición de familia monoparental.

5º Pola condición de familias numerosa, que teñan cando menos un proxenitor/a traballando.

6º Unidades familiares que non cumpran os anteriores criterios (do 1º ó 5º)

7º Unidades familiares empadroadas noutros concellos.

No caso de que dúas ou máis unidades familiares teñan igualdade de criterios, terá prioridade a data de solicitude no rexistro.

Se fora o caso, unha vez esgotadas as prazas existentes crearase unha listaxe de agarda na que se inscribirá ós nenos e nenas. Utilizaranse os mesmos criterios de prioridade do 1º ata o 7º para a súa inscrición.

 

7. Prezo:

Empadroadas/os Non empadroadas/os
Quincena 15€ 30€
Mes 25€ 60€
Familias numerosas

Familias monoparentais

Neno/a con discapacidade

Por segundo ou máis irmáns

(desconto do 25%)

19€/mes

11€/quincena

 

8. Documentación para a tramitación da solicitude:

– SOLICITUDE E ANEXOS coas autorizacións necesarias.

– DNI nai/pai/titor.

– TARXETA SEGURIDADE SOCIAL (neno/a).

– LIBRO DE FAMILIA.

– Se fora o caso que se reflexen alerxias ou outros a través de INFORME MÉDICO DO NENO/A.

– Se fora o caso CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE DO NENO/A.

– No caso de separación/divorcio indicar a garda e custodia (entregarase documentación acreditativa da situación).

– XUSTIFICANTE BANCARIO DE PAGO:

Número de Conta do Concello de Ribadavia para efectuar o ingreso:

ES10 2080 5173 4131 1000 3104 Concepto: “Conciliación Aviaverán 2021” e o nome do neno/a

– Calquera documentación que xustifique a situación dos criterios de prioridade do punto 6, que sexa requerida polo Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

 

9. Protocolo covid-19

Manterase o Protocolo específico ante a covid-19 no que se refire as medidas de aforo, persoal monitor e incremento das medidas hixiénico sanitarias; asi como no que se refire ao manexo de casos e a colaboración coas Autoridades Sanitarias.

 

Compartir

Check Also

DATAS RENOVACIÓN DNI PARA O MES DE MAIO

Renovación DNI É preciso anotarse con antelación no rexistro do concello. Datas: 1ª parte: mércores …