CAMPAÑA “RIBADAVIA CHEA DE VIDA”.

DENDE HOXE PÓDENSE DESCARGAR OS BONOS DESCONTO

DA CAMPAÑA “RIBADAVIA CHEA DE VIDA”.

Os bonos desconto para veciños e veciñas de Ribadavia poden descargarse dende hoxe entrando na web: www.ribadaviacheadevida.com e poderán gastarse ata o 31 de decembro de 2020 nos comercios de Ribadavia adheridos a esta campaña.

Dende hoxe, 15 de decembro poden descargarse os bonos desconto que o Concello de Ribadavia pon a disposición da veciñanza a través da campaña de dinamización do consumo no comercio local “Ribadavia chea de vida”.

Con esta campaña póñense en circulación dous mil cincocentos bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros para utilizar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Ribadavia adheridos á campaña. Os bonos poderán descragarse e trocarse no comercio ata o 31 de decembro coma data límite.

Os bonos desconto poderán descargarse na web www.ribadaviacheadevida.com ata o 31 de decembro de 2020, e o único requisito para poder acceder a eles é estar empadronado en Ribadavia e ser
maior de idade.

Compartir

Check Also

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, MEDIANTE POXA, EN RÉXIME DE COMPRAVENDA OU ALUGUEIRO, DE LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE

      Compartir