BASES DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL.

Concello de Ribadavia (CURSO 2021/2022).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadavia, por unanimidade, presta aprobación as Bases das axudas de material escolar para Educación Infantil, para o curso escolar 2021/2022.

A. Beneficiarios.

Alumnado empadroado no Concello de Ribadavia e matriculado en Educación Infantil dentro dos centros educativos deste Concello, para o curso escolar 2021/22.

B. Baremo e cuantías.

Este baremo e cuantías está baseado nas necesidades de axudas de material escolar e material didáctico solicitado polos/as profesores/as de Educación Infantil para o curso 2020/21, quedando da seguinte forma:

Opción 1 (3 anos A):

A cuantía será de 20€ para a totalidade dos solicitantes.

A cuantía será de 40€ ás unidades familiares con ingresos inferiores ó 3 do IPREM (1.695€/mes)

Opción 2 (4 anos A e B):

A cuantía será de 20€ para a totalidade dos solicitantes.

A cuantía será de 40€ ás unidades familiares con ingresos inferiores ó 3 do IPREM (1.695€/mes)

Opción 3 (5 anos A):

A cuantía será de 50€ para a totalidades dos solicitantes.

A cuantía será de 100€ (unidades familiares con ingresos inferiores ó 3 do IPREM (1.695€/mes)

Opción 4 (3 a 5 anos):

A través de convenio bilateral co CRA Amencer para este curso 2021/22.

Se o longo deste curso escolar 2021/22, se incorporan alumnos/nos de educación infantil nos centros escolares de Ribadavia, poderán ter dereito a unha das anteriores opcións, sempre que cumpran os correspondentes requisitos.

C. Requisitos.

Estar empadroado/a (algún proxenitor e neno/a) no Concello de Ribadavia, e como mínimo durante o curso en vixencia.

Estar matriculado en Educación Infantil en calquera dos centros educativos pertencentes o Concello de Ribadavia.

No caso de familias con ingresos da unidade familiar que non superen ó 3 do IPREM (1.695€ mensuais), xustificante de ingresos.

De ser o caso aportación de factura de compra do material con firma e selo de pagado.

D. Documentación a presentar.

Solicitude

Fotocopia do libro de familia

DNI dos proxenitores ou titores legais.

Nº de Conta IBAN, onde ingresar o importe da axuda concedida.

No caso de unidades familiares con ingresos inferiores a ó 3 do IPREM (1.695€ mensuais):

Fotocopia da declaración da renda referida ó exercicio 2020. En caso de non estar obrigados a a presentala, deberá presentar un certificado negativo de Facenda.

Xustificación de ingresos: nóminas, certificados de prestacións, pensións ou outros ingresos que perciban doutros organismos ou entidades.

Factura dun establecemento con sede en Ribadavia, con firma e selo de pagado, que xustifique a compra do material.

No caso das unidades familiares da opción 2:

  • Autorización de delegación de pago ao CEIP Plulingue Ribadavia.

E.- Contía das Axudas.

O Departamento de Servicios Sociais informará o expediente de concesión da axuda. As solicitudes serán resoltas pola Xunta de Goberno Local, tendo en conta as presentes bases.

F.- O prazo.

O prazo de presentación das solicitudes será dende o 16 de setembro ao 8 outubro de 2021.

A resolución das solicitudes irase facendo por orde de chegada.

G-. Lugar de presentación.

A presentación de solicitudes levarase a cabo no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia. A tal efecto, o Concello fará entrega dos impresos de solicitude no centro escolar para facilitar o procedemento.

As referidas bases deberán expoñerse ao público mediante anuncio no taboleiro de anuncios do Concello, na web e redes sociais.

Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …