BASES DAS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA EDUCACIÓN INFANTIL DO CONCELLO DE RIBADAVIA (CURSO 2022/2023)

Bases das axudas de material escolar para educación infantil do Concello de Ribadavia  (Curso 2022/2023)

Beneficiarios.

Alumnado empadroado no Concello de Ribadavia e matriculado en Educación Infantil dentro dos Centros Educativos deste Concello, para o curso escolar 2022/23.

Requisitos.

– Estar empadroado/a (proxenitores/as e neno/a) no Concello de Ribadavia na data de convocatoria da subvención e manterse como mínimo empadroados/as ata o 31 de decembro deste ano 2022.

– Estar matriculado en Educación Infantil en calquera dos centros educativos pertencentes o Concello de Ribadavia.

– No caso de familias con ingresos da unidade familiar que non superen ó 3 do IPREM (1.695€ mensuais), xustificante de ingresos.

– De ser o caso, aportación de factura de compra do material con firma e selo de pagado.

Prazo de presentación de solicitudes.

 O prazo de presentación das solicitudes será dende 19 de setembro ao 7 de outubro de 2022.

Lugar de presentación.

A presentación de solicitudes levarase a cabo no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

As referidas bases deberán expoñerse ao público mediante anuncio no taboleiro de anuncios do Concello, na web e nas redes sociais.

 

Pódese consultar as bases íntegras da axuda premendo aquí:

BASES AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

 

Compartir

Check Also

AVISO: INSPECCIÓN TÉCNICA DE TURISMOS

Inspección técnica de turismos Lugar: Polígono Industrial de San Cristovo. Ribadavia. Días: do 10/01/2023 ao …