BASES DAS AXUDAS de MATERIAL ESCOLAR para educación infantil do concello de ribadavia   (CURSO 2020/2021)  

Francisco Fernández Castro, secretario do concello de Ribadavia CERTIFICO :

 

 

Que a xunta de goberno local do concello de Ribadavia na súa sesión de data 6 de xullo de 2020 acadou o seguinte acordo:

 

 

BASES DAS AXUDAS de MATERIAL ESCOLAR para educación infantil do concello de ribadavia   (CURSO 2020/2021)

 

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadavia, por unanimidade, presta aprobación as Bases das axudas de material escolar para educación infantil, dentro do curso escolar 2020/2021.

A. Requisitos

 

– Que os ingresos totais da unidade familiar non superen os 2.272€.

– Estar empadroado/a (proxenitores/as e nenos/as) no Concello de Ribadavia na data de convocatoria da subvención.

– Ser alumno/a de Educación Infantil en calquera dos centros educativos pertencentes o Concello de Ribadavia.

– Aportar a factura de compra do material con firma e selo de pagado.

 

B. Documentación a presentar

 

– Certificado de matricula do centro escolar para o curso 2020-2021 do/a alumno/a.

– Fotocopia do libro de familia e DNI dos proxenitores ou titores legais.

– Certificado de convivencia da unidade familiar.

– Fotocopia compulsada e completa da declaración da renda referida ó exercicio 2019. En caso de non estar obrigados a facela ou de non presentala voluntariamente, deberá presentar un certificado negativo de Facenda.

– No caso de traballar, deberán presentar fotocopia da última nómina ou documento que   acredite os ingresos familiares. Así mesmo presentarán certificado doutras axudas que perciban doutros organismos ou entidades (RISGA, Axuda a Integración do Menor, pensións non contributivas, prestación por fillo/a cargo…ou pensión de orfandade, xubilación, viuvez…).

– Se a situación é de desemprego, deberán presentar tarxeta do INEM e certificado de estar percibindo ou non prestación económica.

– Factura dun establecemento con sede en Ribadavia, con firma e selo de pagado, que xustifique a compra do material.

– Nº de Conta IBAN, onde ingresar o importe da axuda concedida, de ser o caso.

 

C. Baremo

Nenos/as de 3 a 6 anos -Educación Infantil-:

 

 

INGRESOS AXUDA
Ingresos da unidade familiar de ata 2 do IPREM* (1.136€) Ata 100€
Ingresos da unidade familiar de ata 4 do IPREM* (2.272€) Ata 75€

 

 

*Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM) é un índice empregado en España como referencia

para a concesión de axudas, becas, subvencións, subsidio de desemprego entre outros.

 

 

D.- Contía das Axudas:

 

O Departamento de Servicios Sociais informará o expediente de concesión da axuda, mediante un Informe Social, baseándose no apartado de C. Baremo.

 

As solicitudes serán resoltas pola Xunta de Goberno Local, tendo en conta os criterios económicos dos baremos anteriores.

 

E.- O prazo:

 

O prazo de presentación das solicitudes será dende o 14 de setembro ó 9 de outubro de 2020. Este prazo poidera variar segundo as circunstancias derivadas de situacións provocadas polo Covid (estado de alarma,…).

 

 

F-. Lugar de presentación:

 

A presentación de solicitudes levarase a cabo no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

 

As referidas bases deberán expoñerse ao público mediante anuncio no taboleiro de anuncios do Concello.”

 

 

 

 

 

E para que conste aos efectos oportunos expido a presente en Ribadavia de orde e co visto e prace do Sr Alcalde- presidente.

 

Vº prace

 

ALCALDE

 

 

 

D César Fernández Gil

 

Compartir

Check Also

SEMANA DO LIBRO EN GALEGO DO 17 AO 23 DE MAIO.

RIBADAVIA CELEBRA A SEMANA DO LIBRO EN GALEGO CON DESCONTOS NAS SÚAS LIBRARÍAS.   Celebrarase …