AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A PERSOAS FÍSICAS PARA O ANO 2022

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de Estudos Territoriais, e se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT402A).

Persoas beneficiarias:

As persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións subvencionables.

A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade, como mínimo durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario.

Só caberá presentar unha solicitude por persoa. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.

Proxectos subvencionables:

Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:

a) Revestimento e/ou pintado de paramentos cegos de fachada que actualmente estean rematados con materiais ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, como fábrica de ladrillo, de bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento.

b) Renovación do acabamento dos paramentos cegos de fachadas, carpintarías ou cerrallarías exteriores, que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia do deficiente estado de conservación ou da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

c) Remate ou renovación do acabado exterior de cubertas que, ben por estar rematadas con pranchas de fibrocemento ou solucións construtivas non axeitadas para quedaren á vista, ben por atoparse nun deficiente estado de conservación, constitúen un impacto paisaxístico.

d) Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con ladrillo ou bloques de formigón, sen revestir.

e) Recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicionais, co obxecto de evitar o potencial impacto paisaxístico que produciría a súa perda, así como o que produce o seu mal estado de conservación.

Contía da axuda:

A contía máxima será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 €.

Forma e prazo de presentación das solicitudes:

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 21 de febreiro de 2022.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Pode consultar as bases íntegras da convocatoria na seguinte ligazón premendo aquí.

Compartir

Check Also

BASES PREMIO ABRENTE PARA TEXTOS TEATRAIS.

Francisco Fernández Castro, secretario do concello de Ribadavia, CERTIFICO:   Que o Pleno do concello …