AXUDA PARA A MELLORA DA IMAXE, ACONDICIONAMENTO E MODERNIZACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS RETALLISTAS

No DOG nº113 do 15 de xuño de 2017, sae publicada a axuda para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas para o ano 2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Os beneficiarios poderán ser as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estea dada de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.

– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

Liñas de actuacións:

  1. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto técnico de decoración e interiorismo.
  2. Proxectos de renovación e mellora da imaxe comercial, sempre que impliquen unha renovación clara e directa da imaxe do establecemento comercial.
  3. Servizos dun xestor de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do Programa de Social Commerce que se vai desenvolver en colaboración coa Federación Galega de Comercio durante o ano 2017.

O prazo para solicitudes é de un mes contado a partir da publicación no DOG e deben levarse a cabo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para máis información poden consultar as bases premendo aquí

Compartir

Check Also

DATAS RENOVACIÓN DNI PARA O MES DE MAIO

Renovación DNI É preciso anotarse con antelación no rexistro do concello. Datas: 1ª parte: mércores …