CONCILIA

CONCELLO DE RIBADAVIA

SERVIZO DE CONCILIACIÓN MAÑÁ

Ten o obxetivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, e permitir ós pais e nais que comezan a sua xornada laboral en horario anterior ó inicio das actividades lectivas no CEIP Pluriligüe Ribadavia e no CRA Amencer, deixar ós seus fillos e fillas no centro escolar ata o comezo das clases.

Horario do Servizo: 7:30 – 09:00 horas.

SERVIZO DE CONCILIACIÓN TARDE

Ten o obxetivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, e permitir ós pais e nais que rematan a sua xornada laboral en horario posterior ó remate das actividades lectivas no CEIP Pluriligüe Ribadavia e no CRA Amencer.

Horario do Servizo: 15:00 a 16:30 horas.

ESCOLA “AVIA VERÁN”

Como forma de concilización da vida familiar e laboral no período de vacacións escolares de verán, realízanse entre outras actividades, excursións, rutas, piscina, veladas, xincanas, actividades de convivencia e igualdade.

 

ESCOLA “AVIA NADAL”

No período de vacacións de nadal, lévanse a cabo distintas actividades lúdico-educativas, como forma de conciliación da vida familiar e laboral.

 

“CONCILIA NA PASCUA”

 

AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR (3-6 ANOS)

Co obxetivo de que os nenos e nenas dos cursos educación infantil (3 a 6 anos) de familias con recursos baixos e/ou medios, poidan acceder con maior facilidade a este recurso e beneficiarse dunha axuda para a compra de material escolar.

Preme aquí para ver toda a información.

AXUDA PARA GASTOS FARMACÉUTICOS Á FAMILIAS CON MENORES A CARGO.

Esta axuda municipal está destinada á atención de necesidades sociais para familias con menores a cargo que se atopen en risco de exclusión social, para sufragar ós gastos da compra de medicamentos.

Preme aquí para ver toda a información.

AXUDA EMERXENCIA MUNICIPAL PARA A VIVENDA

Ante situacións de emerxencia social no ámbito da vivenda e para posibilitar que se continue habitando a vivenda habitual, existe unha axuda económica de carácter extraordinario e non periódico.

Preme aquí para ver toda a información.

AXUDAS Ó TRANSPORTE DE ESTUDANTES UNIVERSITARIOS.

Esta axuda ten como finalidade o apoio económico nos gastos de transporte para alumnos universitarios do Concello de Ribadavia.

Preme aquí para ver toda a información.

BENEFICIOS NO CONSERVATORIO MUNICIPAL.

Reducción das taxas académicas para os empadroados no Concello de Ribadavia e para  membros de familia numerosa acreditada.

BONO FAMILIAR NO PAVILLÓN MUNICIPAL.

Tarifas reducidas a través do bono familiar para o uso das distintas instalacións deportivas municipais.

XUNTA DE GALICIA

GUÍA DE RECURSOS PARA AS FAMILIAS.

Esta guía achega a información relativa ás vantaxes fiscais, permisos, centros e outros apoios ás familias, tanto dos diversos departamentos da Administración autonómica como dos departamentos de restantes administracións.

Preme aquí para ver toda a información.

TARXETA BENVIDA

Tarxeta Benvida é unha axuda económica de 1.200 euros, a razón de 100€/mes durante o primeiro ano de vida do neno/a, para as familias destinada a colaborar cos  gastos derivados do nacemento ou da adopción dun fillo ou dunha filla.

Para disfrutar da Tarxeta Benvida hai que cumprir os requisitos:
-A persoa solicitante ha de ter a súa residencia en Galicia.
-Non superar os 45.000 euros de renda da unidade familiar, sumadas á base impoñible xeral e á base impoñible do aforro, ou os
13.500 euros de renda per cápita, na declaración do IRPF do ano anterior.

http://www.pan.gal/

DEPUTACIÓN DE OURENSE

BENCHEGOU.

Consiste nunha axuda de 300€, a través dunha tarxeta, destinada exclusivamente ós gastos relacionados coa alimentación ou a saúde do recén nacido.

Preme aquí para máis información.

MÁIS INFORMACIÓN

  • Concelleira de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Muller e Participación Cidadá.

benestar@ribadavia.gal

Noelia Rodríguez Travieso. Tfnos.: 988477100

  • Dpto. de Servizos Sociais.

serviciosociais@ribadavia.gal

Tlfno.: 988 472403

Compartir