A Escola Oficial de Idiomas (EOI) inicia o prazo de matrícula presencial na súa sección de IES O Ribeiro- Edificio Abrente. Para maiores de 16 anos.

Os vindeiros días 6, 7 e 8 de outubro. Todas as persoas maiores de 16 anos interesadas
en aprender o idioma inglés poden matricularse nalgún dos niveis ofertados:
  • Iniciación A1
  • Básico A2 (acceso desde A1 ou con título ESO),
  • Intermedio B1 (acceso desde A2 ou con título de bacharelato)
  • Intermedio B2.2 (acceso desde B2.1).
Tamén é posible o acceso a través de outras titulacións de Inglés (Cambridge , TOEFL, …).
Os estudos na EOI permiten obter o certificado oficial que acredita a competencia lingüística.
Nos días de matrícula presencial o horario da EOI na sección de Ribadavia será
6 e 7 de outubro: de 10.00h a 13.00h.
8 de outubro: de 16.00h a 20.00h.
Compartir

Check Also

ACTA DE VALORACIÓN DE MÉRITOS DE VARIAS PRAZAS DENTRO DA BOLSA DE EMPREGO 2024

Publícanse as actas definitivas de valoración de méritos, dentro da bolsa de emprego 2024, para …